Basta xa de agresións sexuais!

Mércores 17 de outubro ás 20h - Edificio da Xunta

O pasado 4 de outubro en Ferrol, unha rapaza foi asaltada na rúa por un individuo que a agrediu sexualmente.

Grazas a intervención dunha veciña, o agresor tivo que cesar na súa agresión e fuxir. Este suceso non é, nin moito menos, un casa aillado. É a realidade á que día sI e día tamén, estamos expostas as mulleres.

As agresións sexuais son unha lacra noxenta produto dunha sociedade machista e patriarcal, que trata de converter ás mulleres nunha mercadoría.

Dende a plataforma feminista Libres e combativas –a plataforma do Sindicato de Estudantes e de Esquerda Revolucionaria- condenamos rotundamente esta agresión e queremos solidarizarnos coa vítima. E con ese fin, convocamos unha concentración en Ferrol o vindeiro mércores 17 de outubro, ás 20:00 diante do edificio da Xunta.

Non é un caso aillado, chámase patriarcado!

Ao volver a casa quero ser libre, non valente! Abonda xa de agresións sexuais!

Volver

IR

SE

ERL logo banner

portada mujeres revolucion rgb

  Adquiere aquí esta publicación 

 

 

banner ERL web2