O pasado 8 de Abril saltaba a nova de que a Uvigo tiña nas súas mans un caso dun profesor da facultade de Filoloxía e Tradución que acosara sexualmente a catro alumnas, e que a universidade mantiña a súa investigación paralizada debido á presenza dunha denuncia policial contra o profesor por parte dunha das vítimas, pese a que a denuncia policial fora arquivada en febreiro diste ano.
Todo isto ven arrastrado dende que en marzo do ano pasado a universidade abre unha investigación interna contra o profesor acusado por unha denuncia dunha alumna, quen mais tarde tamén presentaría denuncia policial tras avisar á universidade.
Foi esta investigación interna a que destapou que o profesor investigado tiña catro vítimas coñecidas, así coma sospeitas de que tamén acosara sexualmente a varias profesoras. Na propia investigación recóllense testemuñas de vítimas que pedían que “ninguén mais tivera que pasar polo que elas”, e se chega á conclusión de que o profesor tiña unha conduta repetida en multitude de ocasións, arrastrada durante anos e que buscaba ademais a alumnas estranxeiras e que non dominaran o idioma para aproveitarse delas.
Este informe foi rematado a comezos do 2025, e o equipo directivo da UVigo mantívoo baixo candado, sen tomar ningunha medida cautelar ou de castigo contra o profesor (Pese a que, recordemos, no propio informe se admite que é necesario “seguir investigando”) ata que en Abril diste ano o informe se filtra á prensa.
Por que non actuou ninguén no equipo de goberno da UVigo durante iste ano e medio? Segundo eles, porque a normativa vixente da universidade lles obriga a paralizar unha denuncia na universidade cando aparece unha denuncia policial. Pero recordemos que, pese a que só unha das catro vítimas acudiu á policía, os outros tres casos tamén se paralizaron.
Non contentos só coa inacción, cando a universidade é coñecedora de que o caso se vai filtrar na prensa, a propia encargada do informe, quen escribiu que estaba probada a existencia dun comportamento inapropiado, saíu a defender a presunción de inocencia do profesor. Pero non foi só ela. Dende entón, saíron a defender ó profesor practicamente todas as figuras de poder na facultade de Filoloxía e Tradución, ademais do Reitor. Algúns, coma o decano, preocupáronse mais polo dano “reputacional” que o caso lles estaba facendo que pola propia vítima, e instou á fiscalía a tomar accións legais contra o xornal GCiencia por dar a coñecer a noticia.
O colmen da vergoña chega cando o reitor, acompañado do decano e de varios outros postos de responsabilidade, convoca unha charla con apenas minutos de antelación chamada “Estado de Dereito ou Barbarie”, na cal se fala de que este caso lle esta a facer moito dano á universidade, que hai que pensar na vítima porque falar do caso esta a revitimizala, e, por enriba de todo, asegurase que é necesario crer na presunción de inocencia.
A pregunta é cantas vítimas lle fan falta a este rector para admitir que un acosador sexual é un acosador sexual? Dez? Cen? Mil? Porque non estamos a falar dun só caso illado (Aínda que se así fora o caso, todo isto seguiría sendo un espectáculo misóxino de primeiro grao), se non de catro casos independentes, todo cun só profesor no centro.
Non se pode nunha mesma charla comezar citando unha fábula de Esopo sobre os riscos de esparexer rumores falsos, continuar afirmando que dar a coñecer casos de acoso que afecten á universidade é delito, e rematar dicindo que neste tipo de situación o que hai que facer é calar a boca porque se está dificultado o traballo da UVigo. Todo mentres unha das voceiras se ri constantemente, e interrompe ó alumnado cando este lle recrimina que non é o momento de rir. Isto foi o que pasou.
Por non mencionar que, para ser unha charla “para informar ó alumnado”, nunca se lles menciona que existen outros tres casos de abuso. Tampouco se menciona que unha profesora incitou que a vítima non presentara denuncia ante a policía porque “é difícil” sacar as denuncias adiante. Nin se menciona que a universidade arquivou toda investigación pese a que só estaba obrigada a arquivar un dos catro casos dos que tiña constancia.
Si se menciona, pola contra, que o xuíz que levaba o caso arquivou a denuncia, o que, argumentan, pode ser mostra da inocencia do profesor. O que non se menciona é que o xuíz arquivou a denuncia porque a vítima deixou de colaborar co proceso debido á crise de saúde mental que lle está a producir, e ó seu falta de dominio do idioma. Por se se nos esquecía que a xustiza neste país, ademais de machista, é racista.
O encubrimento diste caso durante tanto tempo só pode ter dúas explicacións: ou o equipo de goberno da UVigo é tan sumamente incompetente que non foi capaz en mais dun ano de tomar medidas cautelares contra un acosador sexual con múltiples vítimas , ou a explicación máis sinxela, que encubriu o caso deliberadamente para protexer a súa reputación. Calquera que fose a explicación, o mínimo que se lle pode pedir ó reitor, quen foi coñecedor da situación dende o primeiro momento, é a súa dimisión, xa sexa por machista, ou por incompetente ou por ambas as cousas.
Aínda a día de hoxe, despois de que o caso se volvera motivo de preocupación entre o alumnado, o profesor acusado segue dando clase. Sendo titor de TFG, son moitas as alumnas que se preocupan por estar a soas con el, xa que a súa identidade, se ben non é pública, é coñecida entre o alumnado. Reitoría, por certo, coñece estas preocupacións e a súa mellor resposta foi dicir “Dirémosvos algo a semana que ven” hai xa varias semanas.
Este caso é unha mostra mais de que as universidades non son espazos seguros para as mulleres a non ser que nós as fagamos espazos seguros a través da loita e a denuncia pública de casos como este. É necesario organizarnos na UVigo e en todas as universidades do Estado onde os casos de acoso sexual son frecuentes. So ca loita organizada feminista será posible acabar coa lacra do machismo. Únete a nós e, se ti tamén sufriches un caso de abuso na túa universidade, non dubides en contactar connosco.
La Universidad de Vigo protege a un profesor acosador
¡Basta ya de encubrimiento ! ¡Las víctimas no estáis solas!
El pasado 8 de Abril saltaba la noticia de que la Uvigo tenía en sus manos un caso de un profesor de la facultad de Filología y Traducción que había acosado sexualmente a cuatro alumnas, y que la universidad mantenía su investigación paralizada debido a la presencia de una denuncia policial contra el profesor por parte de una de las víctimas, pese a que la denuncia policial había sido archivada en febrero de este año.
Todo esto se viene arrastrando desde que en marzo del año pasado la universidad abre una investigación interna contra el profesor acusado por una denuncia de una alumna, quien mas tarde también presentaría denuncia policial tras avisar a la universidad.
Fue esta investigación interna la que destapó que el profesor investigado tenía cuatro víctimas conocidas, así como que existían sospechas de que también había acosado sexualmente a varias profesoras. En la propia investigación se recogen testigos de víctimas que pedían que “nadie más tuviese que pasar por lo mismo que ellas”, y se llega a la conclusión de que el profesor tenía una conducta repetida en multitud de ocasiones durante años y que buscaba además a alumnas extranjeras que no dominasen el idioma para aprovecharse de ellas.
Este informe se terminó a comienzos del 2025, y el equipo directivo de la UVigo lo mantuvo bajo candado, sin tomar ninguna medida cautelar o de castigo contra el profesor (Pese a que, recordemos, en el propio informe se admite que es necesario “seguir investigando”) hasta que en abril de este año el informe se filtra a la prensa.
¿Por qué no actuó nadie en el equipo de gobierno de la UVigo durante este año y medio? Según ellos porque la normativa vigente de la universidad les obliga a paralizar una denuncia en la universidad cuando aparece una denuncia policial. Pero recordemos que, pese a que solo una de las cuatro víctimas acudió a la policía, los otros tres casos también se paralizaron.
No contentos con la inacción , cuando la universidad tuvo conocimiento de que el caso se iba a filtrar en prensa, la propia encargada del informe, quien escribió que estaba probada la existencia de un comportamiento inapropiado, salió a defender la presunción de inocencia del profesor. Pero no fue solo ella. Desde entonces han salido a defender al profesor prácticamente todas las figuras de poder de la facultad de Filología y Traducción, además del Rector. Algunos, como el decano, se preocuparon mas por el daño “reputacional” que el caso les estaba haciendo que por la propia víctima, e instó a la fiscalía a tomar acciones legales contra el periódico GCiencia por dar a conocer la noticia.
El culmen de la vergüenza llega cuando el rector, acompañado del decano y de varios otros puestos de responsabilidad, convoca una charla con apenas minutos de antelación llamada “Estado de Derecho o Barbarie”, en la cual se afirma que este caso le esta haciendo mucho daño a la universidad, que hay que pensar en la víctima porque hablar del caso la está revictimizando y, por encima de todo, asegura que es necesario creer en la presunción de inocencia.
La pregunta es ¿cuántas víctimas le hacen falta a este rector para admitir que un acosador sexual es un acosador sexual? Diez? Cien? Mil? Porque no estamos hablando de un solo caso aislado (aunque si así hubiese sido el caso , todo esto seguiría siendo un espectáculo misógino de primer grado), sino de cuatro casos independientes, todos con un solo profesor en el centro.
No se puede en una misma charla comenzar citando una fábula de Esopo sobre los riesgos de esparcer rumores falsos, continuar afirmando que dar a conocer casos de acoso que afecten a la universidad es delito, y acabar diciendo que en este tipo de situación lo que hay que hacer es callarse la boca porque se está dificultando de la UVigo. Todo esto mientras una de las portavoces se ríe constantemente e interrumpe al alumnado cuando este le recrimina que no es el momento de reirse. Esto fué lo que pasó.
Por no mencionar que, para ser una charla “para informar al alumnado”, nunca se les menciona que existen otros tres casos de abuso. Tampoco se menciona que una profesora incitó a la víctima a que no presentase denuncia ante la policía porque “es difícil” sacar las denuncias adelante. Ni se menciona que la universidad archivó toda la investigación pese a que sólo estaba obligada a archivar uno de los cuatro casos de los que tenía constancia.
Sí se menciona, por el contrario, que el juez que llevaba el caso archivó la denuncia y argumentan por tanto que esto puede ser muestra de la inocencia del profesor. Lo que no mencionan es que el juez archivó la denuncia porque la víctima dejó de colaborar en el proceso debido a la crisis de salud mental que le está provocando y a falta de dominio del idioma. Por si se nos olvidaba que la justicia en este país , además de machista es racista.
El encubrimiento de este caso durante tanto tiempo solo puede tener dos explicaciones: o el equipo de gobierno de la UVigo es tan sumamente incompetente que no fue capaz en más de un año de tomar medidas cautelares contra un acosador sexual con múltiples víctimas, o la explicación más sencilla, que encubrió el caso deliberadamente para proteger su reputación. Cualquiera que sea la explicación, lo mínimo quee se le puede pedir al rector, quien fue conocedor de la situación desde el primer momento, es su dimisión, ya sea por machista, o por incompetente o ambas cosas.
Aún a día de hoy, después de que el caso se haya vuelto motivo de preocupación entre el alumnado, el profesor acusado sigue dando clase. Siendo tutor de TFG, son muchas las alumnas que se preocupan por estar a solas con él ya que su identidad, si bien no es pública, es conocida entre el alumnado. Rectoría, por cierto, conoce estas preocupaciones y su mejor respuesta ha sido decir “ os diremos algo la semana que viene”, hace ya varias semanas.
Este caso es una muestra más de que las universidades no son espacios seguros para las mujeres a no ser que nosotras las hagamos seguras a través de la lucha y la denuncia pública de casos como este. Es necesario organizarnos en la UVigo y en todas las universidades del Estado donde los casos de acoso sexual son frecuentes. Solo la lucha feminista organizada hará posible acabar con la lacra del machismo. Únete a nosotras, y si tu también has sufrido un caso de acoso o abuso machista en tu universidad, no dudes en contactar con nosotras.





