Descárgalo aquí

O vindeiro 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, a CGT convoca unha FOLGA XERAL DE 24 HORAS EN TODO O ESTADO ESPAÑOL a favor da plena igualdade laboral e social da muller. Esta folga é MIXTA, é dicir, chamamos ó paro tanto a mulleres como a homes. Por tanto, tódalas traballadoras e traballadores de calquera empresa do Estado español teñen plena cobertura legal para facer folga ese día.

O éxito do 8-M de 2018 non foi casual. As mulleres sufrimos dun xeito máis duro os ataques dos poderosos contra o conxunto da clase obreira, agravados nos anos de crise. No terreo laboral, cobramos un 30% menos. Nas relacións sociais, familiares, de parella, sufrindo unha violencia psicolóxica, física e sexual insoportable. Institucionalmente, os ataques do trifachito (PP-Cs-Vox) contra quen cuestione o patriarcado ou unha xustiza absolutamente machista e misóxina (con sentenzas infames como a da Manada) poñen de manifesto que o problema é estrutural, que “A Manada é o sistema”. Por suposto, isto é parte dos ataques xerais contra tod@ aquel/a que cuestione o capitalismo, como vemos nas multas e encarceramento de sindicalistas combativ@s, dos rapaces de Altsasu...

A esta realidade non é allea a nosa factoría. O frustrado IV Convenio e o recén asinado convenio único de Navantia ou as malas condicións laborais das compañías son boa mostra da ofensiva contra @s traballador@s. Pero aquí dentro as mulleres tamén sufrimos a desigualdade: o paternalismo con que se nos trata e que dificulta enormemente o noso desenvolvemento profesional, o acoso sexual (invisibilizado), as diferenzas nos recoñecementos médicos (fanse probas de detección de cancro de próstata, pero non de cancro de mama ou de útero), a falla de ferramenta ou roupa de traballo adaptada ás nosas necesidades, a falta de vestiarios e aseos femininos... son algunhas das cuestións que fan a nosa vida laboral máis difícil.

Temos que levantar un movemento onde o conxunto d@s traballador@s comprometid@s con esta loita paralicemos os centros de traballo en defensa da igualdade para a muller traballadora. Por iso debemos ter claro quen é aliado e quen é inimigo nesta loita. Por suposto, son inimigos os homes que defenden os privilexios que o patriarcado lles proporciona. Pero o machismo tamén conta con aliadas. Igual que a escravitude levou a que houbese negr@s que asumisen o rol que o sistema lles reservaba, hai mulleres (banqueiras, empresarias, políticas de dereitas...) que defenden o capitalismo e o machismo para así poder explotar máis ás traballadoras. Pola contra, son aliados aqueles homes sensibles á nosa loita e dispostos a pelexar pola igualdade real entre homes e mulleres. Por iso a CGT pensa que unha folga só de mulleres non ten sentido. Tanto @s empresari@s que nos explotan como os traballadores machistas que opinan que a cousa non vai con eles desfrutarían vendo como somos incapaces de sumar á nosa loita, e mesmo que renunciamos a sumalos, ós homes que comparten os obxectivos feministas. A loita pola emancipación da muller traballadora é unha loita de clase, non de xénero.

A CGT chama a tod@s @s traballador@s a secundar a folga xeral mixta do 8-M. Neste senso, o comité de empresa debería convocar unha asemblea xeral para que o conxunto d@s traballador@s decidamos qué facer na factoría. En todo caso, a sección sindical da CGT chama a acudir ás mobilizacións:

12:00 h. (edificio da Xunta): Manifestación estudantil mixta. Convocan: Sindicato de Estudantes e plataforma feminista Libres e Combativas.

19:00 h. (edificio da Xunta): Manifestación central. Convoca: Comisión 8-M.

Volver

LyC 18 web

CAST | CAT | EUSK | GAL

IR

SE

ERL logo banner

portada mujeres revolucion rgb

  Adquiere aquí esta publicación 

 

 

banner ERL web2